<$BlogRSDUrl$>

23.2.09

loloKarolo

Chega o loloKarolo: unha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes. Unha boa iniciativa do portal de contidos educativos da Xunta que inclúe un editor para que poidamos subir os nosos arquivos sonoros en mp3 e así poder traballar con eles.


Comentarios

8.2.09

A fala

Hoxe máis que nunca é un bo momento para escoitar este poema de Manuel María na voz de Roi Casal.




O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!

A fala - Manuel María

Grazas a A. Ferrer e á súa blog Mil primaveiras máis.

Comentarios

7.2.09

Primewares

O Freeware World Team (a base de datos con programas freeware que funcionan baixo windows) muda de nome e enderezo: agora somos PRIMEWARES e o enderezo é moito máis sinxelo que o anterior: http://www.primewares.com . De momento non todo vai ao 100% pero imos polo bo camiño. Lembra que contamos xa con 337 programas freeware en galego nesta base de datos de máis de 36 mil programas.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?