<$BlogRSDUrl$>

22.12.07

Proxecto XOGAMOS?

Pois sí. A Xunta xa colgou os traballos recentemente premiados nos "Recursos educativos para a Sociedade da Información 2007". Entre eles temos o "Proxecto XOGAMOS?":

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:

As potencialidades da ferramenta son moitas, pero como mostra podedes ver algúns dos exemplos que incluimos.


Comentarios

18.12.07

Premios a Recursos educativos para a Sociedade da Información

No DOG de hoxe saeu publicada a resolución dos Premios a Recursos educativos para a Sociedade da Información en catro categorías: A.- Ferramentas de Autor; B.- Materiais curriculares web; C.- Galerías de imaxes e videos didácticos; e D.- Aplicacións de software libre. Recoñecéronse por fin traballos moi interesantes coma o Shell Traducíndote ou o Galinux-Slax. Sen embargo a maioría dos traballos e autores son totalmente descoñecidos para mín. Pola miña banda e a dos compañeiros Fran e Felo as máis sinceiras grazas polo premio ao Proxecto "Xogamos?".

Comentarios

9.12.07

Módulo para o Drawing for Children

Esta semana fixen un módulo co que podedes engadir máis imaxes vectoriais ao Drawing for Children (un dos apartados máis incompletos de este programa de debuxo). Tede en conta que se previamente variáchedes a ruta de instalación do programa C:\Archivos de programa\Drawing for Children , tamén tedes que variar a ruta de instalación do módulo pois en realidade é un parche que debe instalarse no mesmo lugar que o programa orixinal.
Os novos sete temas de imaxes vectoriais que incluín son: Billetes de euro, o Nadal, os Alimentos, o Verán, Flores, Celebracións e un novo cartafol de Animais.


Comentarios

Nova web

O mes pasado con motivo dunhas ponencias que me encargou o Cefore de Pontevedra sobre "Software educativo en galego" fixen unha web na que pretendín dar unha panorámica do moito (aínda que nunca suficiente) que temos na nosa lingua. Incluín nela tres tipos de materiais: ferramentas coas que os docentes podemos crear os nosos propios recursos, recursos educativos xa creados e listos para ser utilizados na aula, e por último ligazóns a páxinas interesantes para a nosa laboura como docentes. Por se a alguén lle pode ser de utilidade aí queda.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?