29.9.07
Animais da granxa
Coa aplicación flash de Fran Macías "Mapas" fixen esta tarde de cans unha imaxe interactiva pensada para que os máis pequenos traballen o nome e localicen os animais da granxa, escoiten os seus sons, e aprendan sobre a súa utilidade para o home. Os textos están en maiúsculas . A pizarra dixital interactiva pode ser un excelente complemento a esta aplicación.
Comentarios
26.9.07
Símbolos de Galicia
Despois de facer actividades ailladas co Edilim de Fran Macías en diferentes ocasións, por fín me decidín a rematar un libro completo: "Símbolos de Galicia: localización , a bandeira, o escudo, o hino".
Ao tema xa lle tiña gañas desde hai tempo, a pesares de ter feito algo de xeito tanxencial en Etnonet 2.0 .
Por se a alguén lle serve nalgún momento, déixoa colgada na web do meu centro.
Comentarios
22.9.07
Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia 2007
Baixo o título: "Ler ao dereito. O dereito a ler" celebrarase o 19 e 20 de outubro no Pazo de Congresos de Santiago as "Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia 2007". Intervirán entre outros: Carlo Frabetti, Mónica Baró, Pilar Pérez Esteve, José Luis Polanco, Julián Pascual e a clausura de Suso de Toro. Podedes consultar o programa completo aquí. A inscrición pode facerse ata o 1 de outubro en www.edu.xunta.es/fprof .
Comentarios
5.9.07
Ú-lo acordo?
A Consellería de Educación está desaparecida como cada inicio de curso. O 8 de xuño chegou a un acordo con todas as organizacións sindicais para modificar os cadros de persoal e reducir o horario lectivo do profesorado de Educación Infantil e Primaria. En dito acordo sinalábase que: "O horario lectivo reducirase de 25 a 21 horas lectivas e o horario fixo de permanencia semanal de 30 a 25 horas" . Un pouco máis abaixo continuaba: "O horario fixo de permanencia semanal será de aplicación a partir do inicio do curso académico 2007/08". Pois agora a Consellería non dí nada e os inspectores/as non oiron falar de tal acordo. Agardemos acontecementos pero o tema pinta mal.
Máis que Consellería de Educación parece unha Consellería de Improvisación.
Para saber máis do tema:
- Texto íntegro do acordo.
- Reclamación da CIG-Ensino.
- Folleto dos sindicatos que venderon ser os artífices destas melloras e agora non din nada nas súas webs sobre o primeiro dos incumprimentos.
Comentarios