<$BlogRSDUrl$>

30.7.07

Inforensino 2007

Agora que nos atopamos no ecuador das vacacións podemos botar unha ollada ás posibilidades formativas que cada ano diferentes entidades nos presentan para o mes de setembro. Sinalo tres bos exemplos:
- As Semanas de Educación que anualmente convoca a CIG-Ensino e a AS-PG con interesantes obradoiros e ponencias nas principais cidades de Galicia.
- O IV Congreso Internacional de Educared en Madrid, para os máis viaxeiros.
- A VII edición de Inforensino en Lugo o 14, 15 e 16 de setembro (despois de dous ou tres anos sen celebrarse) con diferentes propostas galegas e do resto do Estado, a maioría delas centradas no Software Libre. Podedes consultar aquí o programa.


Comentarios

5.7.07

De vacacións

Xa estamos de vacacións. O tempo non acompaña pero haberá que aproveitar as múltiples posibilidades que se nos presentan. Saúdos a todas e todos.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?