<$BlogRSDUrl$>

27.3.07

DE-MA-GÓ-XI-CA

A Consellería de Educación sorpréndenos día a día con decisións do máis demagóxicas:

Comentarios

16.3.07

PDF-ShellTools

Nos últimos tempos o PDF convertiuse no standard dos formatos para gardar e mandar os nosos arquivos de texto. Acabo de traducir ao galego un programa que engade funcionalidades extra aos documentos en PDF directamente dende o contorno de windows:

PDF-ShellTools beta 1.0 build 8

Esta aplicación componse de tres pequenas utilidades que amplian a funcionalidad da contorna de Windows para operar con algunhas particularidades dos documentos PDF. Estas pequenas utilidades son PDF-InfoTip, PDF-InfoEdit e PDF-Anonymizer.

  • PDF-InfoTip amosa a información de arquivos pdf en fiestras tipo ''tooltips'' (os carteis amarelos que emerxen sobre un arquivo) no Explorador de Windows, nos diálogos de abrir/gardar, no Escritorio e nalgunhas outras fiestras de Windows.
  • PDF-InfoEdit é unha extensión de contorna da folla de propiedades de arquivo para unha rápida edición e consulta dos campos de información para documentos pdf.
  • PDF-Anonymizer é unha extensión de contorna para o menú contextual que serve para quitar toda a información de meta-datos que teñen os documentos pdf.



  • Comentarios

    8.3.07

    Día da muller


    Hoxe é 8 de marzo: Día Internacional da muller traballadora. O camiño é máis lento do que quixeramos pero non ten volta a trás. Adiante e ánimos a todas!.
    Algúns sitios imprescindibles para visitar neste día son: A web de Norberto , Vieiros ou Vieiros da escola .



    Comentarios

    7.3.07

    I Premio Espiral de Edublogs

    Os de Espiral lanzaron o I Premio Espiral de Edublogs que pretende, entre outras cousas:


  • Valorar a importancia dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares.

  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.

  • Servir de escaparate motivador dunha corriente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.

  • Favorecer canles de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogues no contorno educativo.

  • Nel teñen cabida blogs educativos en diversas linguas entre elas o galego.


    Para máis información: I Premio Espiral de Edublogs.

    (Grazas a Sekeirox pola nova)


    Eu xa me anotei, a que esperades???.




    Comentarios

    This page is powered by Blogger. Isn't yours?