<$BlogRSDUrl$>

3.10.07

Mapas

Xa está Mapas subido a Edugaliza. Con pouco traballo podemos logar uns resultados do máis aparentes, así que tan só tedes que descargalo e facer algunha actividade para as vosas clases. Se tedes dúbidas podedes recurrir á páxina de Edugaliza, a Fran Macías (o autor da utilidade) ou aquí mesmo.

Hoxe, para a clase de Coñecemento do Medio de mañá fixen unha imaxe ineractiva moi sinxela cos nomes en galego das principais partes do corpo que podemos explorar nun neno e nunha nena. Está en maiúsculas e non inclúe sons de momento.



Comentarios

2.10.07

Os medios de transporte

Sigo fedellando co Mapas e agora fixen unha pequena actividade para traballar os medios de transporte e elementos dunha rúa en inglés incluíndo un video en cada palabra. Recoñezo que neste caso os videos non están moi xustificados pero sí poden ser de utilidade noutros casos.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?