<$BlogRSDUrl$>

12.12.06

Etnonet 2.0

Acabo de publicar en Edugaliza o último traballo que fixen co Hot Potatoes, Chámase Etnonet 2.0 - Enciclopedia Interactiva da Cultura Galega: un programa en contorno web mediante páxinas htm e html que ten como obxectivo fundamental que os nosos alumnos e alumnas descubran a gran diversidade cultural da Comunidade Autónoma na que viven: Galicia. A aplicación consta de 120 propostas sobre a cultura de Galicia: Os símbolos identificativos de Galicia, as institucións, a gastronomía, flora e fauna, historia, literatura, música, novas iniciativas e tendencias,...
Presenteina dous anos seguidos aos premios de Innovación (antes Siega) con nulo éxito así que xa ven sendo hora de publicitala por medios alternativos aos oficiais. Se a alguén lle resulta de utilidade que a utilice libremente.



Comentarios

9.12.06

Outra ferramenta

A rede ofrécenos cada vez máis e mellores ferramentas para facilitar a nosa laboura educativa. Hoxe vou a sinalar dúas:




Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?