<$BlogRSDUrl$>

21.9.06

Manual sinxelo de reforestación por sementeira

Agora que estamos de volta no colexio cos nenos é o momento de traballar o sucedido en Galicia durante o verán. Non só deberíamos analizar as causas que provocaron a desfeita dos nosos montes senón tamén que facer agora. A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo eleaborou un Manual sinxelo de reforestación por sementeira de utilidade non só para rapaces senón tamén para adultos. É moi sinxelo pero tamén completo a pesares da súa reducida estensión: 15 páxinas!!!. Podedes descargalo aquí.


Comentarios

9.9.06

Novo Monográfico de reNOVA GALIza

O Foro Cívico Galego de Barcelona presentará este luns 11 de setembro o monográfico do número 2 da revista reNOVA GALIza que leva por título: A Galiza global: as galegas e os galegos no mundo (I). Entre as máis de 200 páxinas de que consta a publicación hai un artigo da xornalista e escritora de Bos Aires Débora Campos na que fai unha profunda análise da emerxencia do fenómeno das blogs coma unha nova canle de comunicación entre os galegos e galegas de dentro e fóra da Galiza, na que lle adica un espazo a falar desta blog "Ensino en galego". Grazas polo artigo e a mención.

A revista pódese baixar completa en pdf dende aquí. O fragmento co artigo de Débora Campos (páxinas 99 á 106) dende estoutra ligazón.



Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?