<$BlogRSDUrl$>

29.3.06

Proximamente: Lim 2.0

Hai dous meses Fran Macías presentaba mundialmente o programa Lim e o editor Edilim para facer aplicacións educativas en formato flash. O éxito superou tódalas previsións e grazas ás numerosas aportacións de usuarios proximamente sairá a versión 2.0. Se tedes algunha suxestión apurade a mandarlla canto antes .



Comentarios

6.3.06

Teses doctorais en rede

No ano 1999 o Centro de Supercomputación de Cataluña decidiu realizar un Almacén virtual de teses catalanas, proxecto que co tempo foi ampliándose a un total de 14 Universidades , e reunindo na actualidade máis de 3000 teses doctorais dos máis diversos temas. O acceso ás mesmas é libre e gratuito, preservando a propiedade intelectual.

Mágoa que as Universidades Galegas non fagan algo semellante (que eu saiba).



Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?