<$BlogRSDUrl$>

25.10.05

Vive o Día de Internet

Hoxe 25 de outubro celebramos o Día de Internet. Parabéns a todos os que creemos nas potencialidades educativas de esta xa cotián ferramenta!!!.

Comentarios

22.10.05

O Samaín

Cada ano son máis os centros de Galiza que substitúen o anglosaxón Halloween por unha tradición celta con miles de anos de antigüidade: o Samaín. Se queres saber máis podes visitar a páxina do CEIP de Palmeira.


Comentarios

19.10.05

Sudoku

Sen lugar a dúbidas é o xogo matemático de moda. Non sei se ten tantas posibilidades educativas como dín, pero si que supón un bo adestramento mental. Para os que non teñen paciencia para facelo en papel, poden descargar unha aplicación gratuita que traducín ao galego.

NOTA: aínda que lle mandei a traducción ao autor do programa díxome que non a incluía no paquete orixinal porque o galego non ten entidade suficiente polo pequeno número de falantes.
Podes decargar o Simple Sudoku coa traducción ao galego dende aquí.


Comentarios

16.10.05

Enquisa

Os distintos CEFORES están remitindo ao profesorado unha enquisa para detectar as necesidades de formación e intereses dos docentes. Sexamos sinceros e non falseemos a realidade. Moitas veces danos reparo dicir que nos interesan máis obradoiros prácticos, itinerarios didácticos, ... que cursiños sobre Educación en valores, NEE, a Reforma Educativa,... que xa existen e ao final non asiste ninguén.

Comentarios

13.10.05

Prensa-Escuela

A Voz de Galicia e Caixa-Galicia conovocaron unha iniciativa interesante -polo menos iso parecía nun principio- de proporcionar aos docentes que o desexaran números do seu xornal para poder traballar a prensa na escola. O programa chámase: Prensa-Escuela e os profes de 2º de Primaria do meu cole decidimos inscribirnos. Rápidamente nos chamaron para aclarar que só admiten a alumnos de máis de dez anos. Posiblemente este tipo de iniciativas sexa realizada polo departamento de márketing de ambas entidades e non teñen porque saber que a prensa se traballa non só no Primeiro Ciclo de Primaria senón tamén en Infantil.
Visto o visto, a nova etapa de "La Voz de la Escuela" non nos ofrece moitas garantías, e quen presume das súas hipotecas por ter un baixo interés, parece ter o mesmo baixo interés polos máis cativos.
De tódolos xeitos traballaremos a prensa nas nosas aulas, e se podemos elexir buscaremos un xornal en galego.

Comentarios

12.10.05

Xornadas de Bibliotecas Escolares 2005

O pasado fin de semana 350 docentes de toda Galicia asistimos en Santiago ás Xornadas de Bibliotecas Escolares 2005 con ponentes moi interesantes de todo o Estado. O que menos me gostou foron as continuas referencias ao Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares como solución aos problemas de recursos humanos e materiais que temos. Tendo en conta que esta convocatoria só afecta a uns vinte centros de toda a Comunidade é como considerar que con implantar a lotería nun pais africano lle solucionamos o problema da fame a tódolos seus habitantes.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?