<$BlogRSDUrl$>

27.2.05

Orientador tecnolóxico

Súmome á petición de Luis e Ester de contar cun orientador tecnolóxico nos centros de ensino. Dotalos de ordenadores non é suficiente.

Comentarios

18.2.05

Premios Siega 2004

O vindeiro 1 de marzo, ás 12:00 h., no salón principal do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela celebrarase o acto de entrega dos premios Siega 2004 ao deseño de páxinas web de centros educativos, ao desenvolvemento de materiais educativos curriculares e galerías de imaxes en contorno web, e a vídeos ou animacións de carácter pedagóxico.
En total repartiranse 42.000 € en premios. Agardemos que isto supoña un incremento importante no fondo de recursos do Portal educativo da Xunta.

Podedes ver imaxes da edición do ano anterior aquí.


Comentarios

15.2.05

Chega "Vieiros da escola"

Vieiros acaba de sacar unha nova sección: "Vieiros da escola", edición xestionada por edugaliza e que neste primeiro número 0 está adicado ao "Referendo europeo" e elaborado por Ester Vázquez e Luis Teira.
"Vieiros da escola" nace con vocación de continuidade e está estructurado a partires dun tema de actualidade redactado para o alumnado da ESO con ligazóns, destaques e proposta educativa.


Comentarios

14.2.05

Xa están as oposicións!!!

No D.O.G. de hoxe, luns 14 de febreiro, aparece publicada a convocatoria da oposición tanto para primaria como para secundaria.
Como principal novidade, nesta convocatoria recóllese que o coñecemento da Lingua Galega vai ser exixido a tódolos opositores, tal como ten solicitado en repetidas ocasións a CIG-Ensino.
Na convocatoria publicada hoxe confírmase que as probas "non darán comezo con anterioridade ao 30 de abril de 2005, agás, se é o caso, a proba de coñecemento de lingua castelá".
Confírmase igualmente que o acto de presentación terá lugar só naquelas especialidades en que o determinen os tribunais, de modo que deixa de ser un trámite obrigatorio para todos os concursantes; será através da publicación no DOG como se determine que tribunais estabelecerán a presentación.

Comentarios

11.2.05

Fundación Vicente Risco

Duante este ano a Fundación Vicente Risco está de portas abertas e pretenden que tódalas escolas e IES do país a visiten a sede da Fundación, que está en Allariz.
Están elaborando unha unidade didáctica para primaria e outra para secundaria para repartir entre as escolas que a visiten. Admiten colaboracións para estas propostas.


Comentarios

1.2.05

Oferta de emprego público para o 2005

A Consellería ven de propoñer á Mesa Sectorial a oferta de emprego público para o 2005, de momento ten caracter provisional ate que se publique no DOG.

ESPECIALIDADE MESTRES
Inglés .... 20
Francés .... 15
Ed. Infantil .... 90
Ped. Terapéutica .... 50
Audición e Ling .... 20
Música .... 15
Ed. Física.... 20

ENSINO SECUNDARIO E PTFP
Lingua Castelá .... 25
Xeografía e Historia .... 20
Matemáticas .... 20
Bioloxía e Xeoloxía .... 6
Debuxo .... 10
Tecnoloxía .... 20
Música .... 15
Francés .... 10
Procesos de Produción Agraria .... 8
Soldadura .... 10

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
Inglés .... 15

CONSERVATORIOS DE MÚSICA
Clarinete .... 6
Violín .... 10
Fundamentos Composición .... 15
Piano .... 20
Canto .... 4


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?