<$BlogRSDUrl$>

24.6.05

Letras Galegas 2006

Hoxe venres, a Real Academia Galega elixe quen será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2006. Algúns dos nomes que soan como candidatos son: Ricardo Carvalho Calero, Chano Piñeiro, Lugrís Freire, Ramón Piñeiro e Lois Pereiro . Este último é o preferido pola lexión do blogomillo: destacando como abandeiradas as blogs "Facendo amigos" ou "Todo nada".

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". Lois Pereiro (1958-1996)


Comentarios

23.6.05

O Hip Hop

Aparece o Nº3 (é dicir, a cuarta entrega) de Vieros da Escola con noticias e recursos educativos sobre "O Hip Hop" para alumnos de secundaria.


Comentarios

16.6.05

Galicia en premios

Neste remate de curso estannos bombardeando coas distintas convocatorias de premios educativos: o mércores 8 aparecía no DOG a convocatoria dos de Innovación educativa e mañá venres saen os Siega 2005. Repítense as eivas da convocatoria anterior de poñer de cebo poucos premios de gran cuantía que logo posiblemente se fraccionen ata o infinito ocasionando a protesta dalgún dos participantes. Como sinalei o ano anterior, un maior número de premios animaría a máis docentes a participar. Terá que ver toda esta choiva de premios coas eleccións do vindeiro domingo?.

Comentarios

10.6.05

Contidos educativos

Moitas veces critiquei neste blog o pouco rendemento que lle sacaba a Consellería aos traballos que recopilaba nas sucesivas edicións dos Premios Siega. Pois ben, por fin acaban de darlle un lavado de cara ao portal educativo e sistematizado e ordenados os distintos Contidos da mesma. Noraboa pola estética e funcionalidade da páxina. Para cando un CD autoexecutable cos traballos de cada ano?.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?