<$BlogRSDUrl$>

31.5.05

"O Transatlántico do aire"

Na cuarta entrega de Vieiros da Escola: noticias e recursos educativos sobre "O Transatlántico do aire": o Airbus 360.


Comentarios

13.5.05

Especial de Vieiros- Letras Galegas 2005

Unha vez máis Vieiros elaborou o mellor Especial sobre as Letras Galegas que leva o oportuno título: "Coa lingua na maleta". Non só trata a figura de Lorenzo Varela, senon tamén a axenda de actos, o galego da diáspora,... e incluso fan un futurible de quen pode ser o homenaxeado no 2006.


Comentarios

4.5.05

Webquest sobre Lorenzo Varela

Achégase o Día das Letras e como é habitual os cibereducadores Luis e Ester acaban de presentar unha nova webquest para os nenos de secundaria sobre o homenaxeado de este ano: D. Lorenzo Varela no portal de Edugaliza. Noraboa , e xa van...


Comentarios

3.5.05

O Quixote de novo

Para quen aínda non esté farto deste empacho de Quixote, os de Educalia acaban de presentar na súa web materiais para primaria e secundaria sobre tan ilustre personaxe. Mágoa que a versión en galego dos seus materiais non sexa prioritaria na política de empresa.


Comentarios

1.5.05

Galicia Encantada

Hoxe, 1º de maio, Festa do Traballo, podemos anunciar o nacemento de "Galicia Encantada", a Enciclopedia da Fantasía popular de Galicia. Nela "atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo na nosa memoria colectiva". Disfrutádea.

Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?