<$BlogRSDUrl$>

28.1.05

A reforma da LOCE. Máis do mesmo?

O mércores 2 de febreiro ás 20:15 na Galería Sargadelos de Pontevedra celebrarase unha charla-coloquio con este suxerente título. Estará presentado por Manuel Barreiro Martínez (Secretario Comarcal da CIG-Ensino) e intervirán: Xosé Álvarez Álvarez (profesor do IES de Sanxenxo e membro de Nova Escola Galega) e Ólida Vázquez Fernández (membro da Executiva Nacional da CIG-Ensino).

Comentarios

27.1.05

Cativadas.com

A Xunta presentou este martes 25 de xaneiro en Santiago a web Cativadas.com, un proxecto educativo e tecnolóxico para nenos, pais e profesores.
A web, que foi dada a coñecer ó mesmo tempo que a súa versión en CD executable (para repartir en tódalas gardarías de Galicia: 10.000 exemplares en febreiro), estructúrase en torno á figura da ratiña Lola, que axuda a pais, mestres e cativos con idades de 0 a 3 anos a adquirir coñecementos tecnolóxicos.


Comentarios

24.1.05

Entroido 2005

Chega o entroido e empezamos a preparar materiais para a aula. En Edugaliza fixemos o curso pasado unha recopilación de ligazóns sobre o entroido na nosa terra. Visítaas, posiblemente atopes o que che fai falla.


Comentarios

"A escola que queremos"

O vindeiro 12 de febreiro, sábado, a CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega organizan no Auditorio de Galiza, en Compostela unhas xornadas que baixo o lema "A ESCOLA QUE QUEREMOS" tratarán o documento base da nova Lei Orgánica de Educación (Unha educación de calidade para todos e entre todos).
O programa é o seguinte:
9:30-10:00.- Apresentación e entrega de material.
10:00-12:00.-"Unha educación de calidade desde Galiza e para Galiza". Mª Xosé Bravo (AS-PG) e Anxo Louzao (CIG-Ensino).
12:30-14:30.-"Apresentación e exposición do documento "Unha educación de calidade para todos e entre todos". Alejandro Tiana, Secretario Xeral de Educación do MEC.
16:30-18:00.-"Notas para unha Reforma Educativa nunha sociedade baseada en ideais de xustiza social, solidariedade e democracia". Xurxo Torres Santomé (UDC).
18:00-19:30.-Mesa Redonda "Análise e propostas dos grupos políticos sobre o documento do MEC (Unha educación de Calidade para todos e entre todos). Representantes do BNG, PP e PSOE.
19:30.- Proxección do filme "Hoxe empeza todo", de Bertrand Tavernier (1999). Coloquio.

A matrícula é gratuíta, e pódese formalizar por teléfono (CIG-Ensino-981 57 68 00 / AS-PG 981 27 82 59) ou ben por correo electrónico (formacion@cig-ensino.com / informacion@as-pg.com) .

Comentarios

20.1.05

Cursos "Proxecto Terra"

A AS-PG ven de convocar 11 cursos de formación do profesorado baixo o suxerente título de "Proxecto Terra". As localidades seleccionadas son: Cee, Viveiro, O Barco, Ourense, Lugo, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago, Ferrol e A Coruña. A duración dos cursos é de 12 horas en horario de 18 a 21 horas e a matrícula é gratuita e pode facerse por telefone ou Fax nº: 981 27 82 59 (AS-PG) ou por e-mail nos enderezos: información@as-pg.com ou proxectoterra@coag.es .


Na base do "Proxecto Terra" está o ánimo de contribuir a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura.

É un proxecto didáctico dirixido á Educación Secundaria Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar o coñecemento que os escolares de Galiza deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial.


Comentarios

13.1.05

Día da Paz

O 30 de xaneiro de 1948 era asasinado a tiros por un fanático o lider nacional e espiritual da India Mahatma Gandhi, por ese motivo decidiron elixir o día para conmemorar o "Día da Paz e a non violencia" en todo o mundo. Podemos buscar materiais para traballar nos nosos centros seguindo as ligazóns recopiladas por areanegra e edugaliza.


Comentarios

3.1.05

Diccionario electrónico e-Estraviz

Os de AGAL acaban de sacar o primeiro dicionario reintegracionista feito na Galiza, O Electrónico Estraviz (e-Estraviz). Nesta versión virtual non só se fixo unha adaptación para o que se considera norma histórica e etimolóxica da lingua galego-portuguesa do Dicionário Estraviz, senón tamén unha revisión individualizada de cada termo e a súa correspondente definición, con correccións e actualizacións. Este traballo débese ó esforzo dun equipo de quince persoas baixo a dirección do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz.
O dicionario do mesmo nome está considerado actualmente como un dos máis completos das linguas románicas publicados ata o día de hoxe en Internet, e o “máis contrastado da lingua galega, contando cun total de 91.009 palabras”. En relación á norma utilizada, esta vai encamiñada a non marcar moitas diferenzas con respecto á pauta portuguesa, pero mantendo formas propias recoñecidas como históricas do galego na norma AGAL.
O e-Estraviz é para moitos especialistas o primeiro paso en proporcionar un instrumento de traballo ós reintegracionistas galegos.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?