<$BlogRSDUrl$>

29.11.04

Nadal

O último tramo de este primeiro trimestre está protagonizado -queirámolo ou non- polas celebracións do Nadal. Propoño as seguintes ligazóns para traballar o tema intentando fuxir de connotacións relixiosas e centrando a cuestión na forza da tradición nas diferentes culturas:


Comentarios

25.11.04

Día do Patrón

Mañán os mestres de primaria celebramos o Día do Patrón. Hoxe invadimos as distintas vilas coas tradicionais ceas. Que teñedes unha boa noite e aproveitade esta fin de semana longa que ben merecida a temos.


Comentarios

Catro máis...

Aproveitando este tirón traductor animeime con catro novas utilidades de Nirsoft:
Agardo que poidan serlle de utilidade a alguén.

Comentarios

23.11.04

Crónicas desde a India

Como en ocasións anteriores Vieiros ofrécenos un libro para descargar dendo o seu portal. Chámase "Crónicas desde A India" e está escrito por María Reimóndez a partires das crónicas enviadas durante a súa estancia na India en Xullo e Setembro deste ano 2004. Un placer para os sentidos.


Comentarios

21.11.04

Novas traduccións

Levaba xa un tempo sen facer ningunha traducción de software ao galego pero esta semana aproveitando a nova versión do Room Arranger (a 3.9) que saldrá proximamente, traducín catro novas utilidades da páxina de Nirsoft:
Se queredes ver unha breve descripción de cada unha destas utilidades podedes vistar a páxina do almacén de programas freeware en galego: o Freeware World Team, que a día de hoxe conta xa con 272 programas freeware en galego.

Comentarios

3.11.04

Seminario Internacional para a prevención da violencia no deporte

E continuando coa formación na Educación Física, os días 12 (venres), 13 (sábado) e 14 (domingo) de novembro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago celebrarase o "Seminario Internacional para a prevención da violencia no deporte", que contará con ponencias divididas en catro áreas temáticas: 1) Medios de Comunicación, Asociacionismo e Clubes; 2) Académica e educativa; 3) Lexislativa ; e 4) Políticas Deportivas para a "Nonviolencia" . Contarán cun total de 26 ponentes de diversas áreas, entre eles: Emilio Butragueño, Gerardo González, José Antonio Abellán, Mª Carmen Izquierdo,... Podedes consultar a lista completa aquí, así como o programa.



Comentarios

Encontros de Agadef

Os compañeiros de Agadef celebran este sábado 6 de novembro en Culleredo os seus "X Encontros". Podedes acceder á páxina co programa aquí. Parabéns polo traballo ben feito!!!.

Agadef, a asociación galega dos docentes de Educación Física


Comentarios

2.11.04

Magosto

Preguntábanme hoxe nun correo privado por unha Unidade Didáctica que fixera hai uns anos sobre o magosto, pois ben, a Unidade en cuestión segue en edugaliza pero un pouco oculto. Se queredes acceder a ela clicade aquí. Cando elaborei a unidade fora só coa idea de facer unha web de exemplo na que amosar cada unha das actividades tipo que se podía crear co programa Hot Potatoes, e nos últimos anos estase a convertir nun clásico, non polos méritos da mesma senón pola falta de materiais que temos. É unha mágoa que o ambicioso portal da Xunta non nos ofreza máis axuda no quefacer diario.

Esta Unidade Didáctica está creada coa suite de utilidades do Hot Potatoes


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?