<$BlogRSDUrl$>

29.10.04

Chega o JavaClic

Despois dun longo e dificil parto, hoxe anunciou Francesc Busquets na rolda clic do Xtec, e de xeito oficioso, o nacemento do JavaClic. Podedes ollar o portal coas novas aplicacións, banco de actividades, tutoriais,... clicando aquí . Dicir que as novas actividades estarán suxeitas á licencia de Creative Commons.

Parabéns a Francesc Busquets!!!


Comentarios

24.10.04

Resaca das "Xornadas"

Despóis destes dous días maratoniáns nos que máis dun cento de profesionais-amateurs-curiosos do linux compartimos as "Primeiras xornadas de Software Libre na Educación en Galicia" na ETSE da Universidade de Santiago, quédome con dúas cousas: a ledicia de escoitar a Pedro Reina -sen dúbidas o mellor embaixador de linux no Estado- e a magnífica participación (creo que en ningunha das sesións se baixou do cento de asistentes). Na vindeira convocatoria sinalaban na súa web a posibilidade de adicarlla ao ensino primario. A ver se os mestres somos quen de estar á altura.

Noraboa ás organizacións convocantes: Agnix, Galpon, Gulo, Dug,...


Comentarios

6.10.04

I XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE NA EDUCACIÓN EN GALICIA

Os vindeiros 22 e 23 de outubro na ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑERÍA, Rúa Lope Gómez de Marzoa, Campus Universitario Sur - 15782 Santiago de Compostela celebraranse as I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia. Está destinado nun primeiro momento a profesorado de ensino secundario (eu son de primaria e non tiven problemas en inscribirme). Quen o desexe pode inscribirse cubrindo un formulario da web das Xornadas.

Ollade o programa actualizado das Xornadas en formato pdf.




Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?