<$BlogRSDUrl$>

30.8.04

Corrixo: Cento cincuenta e seis

Acabo de engadir dezaseis programas que tiña traducidos hai tempo e me esquecera da relación anterior. Agora son cento cincuenta e seis!.

Comentarios

29.8.04

Cento corenta !

Estiven facendo unha listaxe cos programas que ao longo destes últimos anos fun traducindo ao galego e segundo os meus cálculos son xa 140 programas!. A maioría deles son freeware e atópanse relacionados na lista do Freeware World Team. Se alguén está interesando nalgunha destas aplicacións e non atopa o parche en galego que se poña en contacto comigo.

Esta é a lista de programas traducidos por mín ao galego:

Abadaba, Ability Webserver 1.34, AceMoney Lite, ActiveX Compatibility Manager 1.00, Advanced GIF Animator, Advertising Killer, Aida 32 , AM Dead Link, AM Notebook, Araneae, ASG Addon, BDV Notepad, Blukster 1.05 Beta, Caderno de Mates, Calcul, CDCheck 3.0.1.43, CDDVD, Check4Me 2.02, Child Proof 1.0, CLCL, ColorCop, Cookie Viewer, Crazy Minesweeper, CurrPorts, Dam 2.22 (Xogo de damas), Deknop, Directory Lister, Disclib, dlTime 1.0, Dolphin Dice, Drape 2.0, Drawing for Children 2.0, Dup Detector, e-counter, e-Wall, E2Browser, EasyAgenda 1.11, Easy Cleaner (nova versión), Easy Color Themes, Easy Setup, Easy Split, EasyThumb, EF Commander, ENotas, ePiano, Erunt, Eurocheck, FastRes, FavoritesView, file insPEctor XL, Flash-SFV 2.0f, Flip Flop, FrameFun 1.0.4.9, GIF Optimizer 1.0, Graphmatica 1.60d, GSpot, Gzip Compressor, HardCopy, Hidden Menu, Hot Potatoes, IEHistoryView v1.22, IEtweak 2, Images WebScan, Install Creator, K-Meleon, Keyboard Explorer, KeyGuard, Kill HTML 1.5a, KillCopy 2.8.2, Labirinto, List Squared, Magic Mail Monitor, Mail-To Encrypter, Mail Box Dispatcher , MailPassView, Math Educator, MessenPass, Metapad, Mihov Codi View, Mihov DiskFree, Mihov Gallery Creator, Mihov Image Resizer, Mihov Index Maker, Motion Planning Game 1.2, Mouse Trainer, Mp3Coder, mp3DirectCut, Mp3TagEditor, MT Dev, Multidesktop manager, MWSnap, MyAlbum, Neutron, Notes Holder Lite, Ntregopt, Pacworld, PDF Creator, Photo Invaders, PhotoGift 1.2, PHPProcessor, Pi X Pi, Pimmy 3.5, Pixia 2.5L, Pjirc 2.0.1 (GPU), Popdown, Popup Killer, Power IE, Protected Storage Passview, Quick Menu Builder, Quick Messenger, Quiz, Regseeker, Regshot, Room Arranger, Runit, SCR 1.0, Secure Copy, Simple Copier, Simple File Joiner, Sip Notes, Site Snagger, Sleepy, Slim Browser, SmartPAR, Spamihilator, SplitJoin, Spybot Search & Destroy, SoundEngine E 2.71, Stoik Capturer, Subrip, Subtitle Workshop, Tangram (configurable), Tetris, THBJewelCase, Time Adjuster, TinyKL, Total Uninstall, Txt Edit, Typsoft FTP Server, UPX 1.20w, Url2bmp, Viplay, Volumouse 1.00, WebCompiler 2000 1.62, WebPacker, Web Window Killer, WinPopup Gold, Win32pad, WinDIZ, Window HTML 1.1, Windows Configurator, WinRoll, WinUpdateList, Yawcam, ZeroPopup 7.90 (Shareware), ZipALot 3.32 .


Comentarios

24.8.04

Motion Planning 1.2

Acabo de traducir un novo programa educativo e gratuito ao galego. Nesta ocasión elexín o programa porque me pareceu de moita utilidade para a asignatura de tecnoloxía. Foi elaborado polo Departamento de Robótica da Universidade de Utrecht (Netherlands). O obxectivo dos 4 xogos dos que consta a aplicación é demostrar a dificultade dos problemas de planificar movementos. Se alguén se decide a utilizalo na aula xa comentará os resultados.

Podes descargar o programa completo en galego dende aquí.

Clicando sobre a imaxe podes descargar o programa


Comentarios

22.8.04

Child Proof 1.0

Aproveitando os días de choiva deste mes de agosto traducín ao galego, entre outras cousas, unha nova utilidade para utilizar na aula. Chámase Child Proof , é gratuita, e serve para crear un novo escritorio que poidan utilizar os nenos só cos programas que nós queiramos, evitando así a preocupación de que vaian a outras aplicacións ou botóns do teclado que non desexamos.
Aquí podes descargar o instalador co programa traducido ao galego.

Comentarios

11.8.04

Drawing for Children 2.0 en galego

Un dos programas que levo tempo utilizando na aula de informatica é o Drawing for Children. Ate o de agora o utilizaba en ingles e sen maiores problemas, sen embargo hoxe adiqueille unha horiña perdida e puxeno en galego.

Para os que non saiban de este pequeno programa, direilles que é o perfecto substituto do Paint de Windows para os mais cativos, para realizar todo tipo de deseños basicos. Incorpora unha interfaz de deseño moi sinxela e intuitiva, cunha completa barra de ferramentas que a traves dunha serie de iconos danche acceso a todalas funcions do programa. Entre outras cousas, podes facer debuxos a man alzada con lapis, rotulador ou sprai, debuxar formas predefinidas, inserir campos de texto de diferente deseño ou facer uso dunha das decenas de imaxes predeseñadas incluidas na aplicación.

Para poñer o programa en galego:

1º) Instala o programa orixinal en ingles que podes descargar dende: http://www.cs.uu.nl/people/markov/kids/draw.html .

2º) Instala o parche en galego que podes descargar dende aqui.



Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?