<$BlogRSDUrl$>

18.7.04

Prehistoria da Internet en Galicia

Navegando polas interesantes ligazons da páxina de Raul Araya atopei unha curiosa web que amosa os arquivos históricos ordenados cronolóxicamente de casi calquera páxina entre os anos 1996 e o 2003. E como voltar as orixes da internet en Galicia. ¿Quen se lembra de como era Vieros no 98?, ¿Cales eran os proxectos de Galego21 no 2000?, ¿Ciberlingua no curso 2001/02?ou ¿Cambiou a portada de Edugaliza dende o 2002?.

Probade cos enderezos que queirades e veredes cousas realmente curiosas.

Navega polas sucesivas actualizacions das tuas paxinas favoritas nestes ultimos sete anos



Comentarios

5.7.04

Pimmy 3.5.0

Despois do do XP en galego parece que a xente se está animando en poñer os seus programas en galego. Pois ben, levaba bastante tempo sen traducir nada e neste inicio de vacacións animeime cun xestor de correo electrónico gratuito chamado Pimmy que xa vai pola versión 3.5.0.
Unha pequena descripción do programa:
Este xestor gratuito de email (que non precisa ser instalado aínda que eu si lle fixen instalador) permíteche manexar fácilmente o teu correo electrónico dende onde queira que te atopes, xa que é quen de funcionar incluso dende un disquete. A pesares do seu pequeno tamaño pode administrar unha cantidade ilimitada de contas, borrar mensaxes no servidor, enviar e recibir emails e tamén avísate da chegada de novo correo dende o icono do programa situado na bandexa de sistema. Nesta última versión permite tamén xestionar contas de news e ademáis incorpora un útil reproductor de música.
Podedes baixalo dende aquí. Xa me contaredes que tal. Boas vacacións!!!

Un potente xestor de correo electrónico gratuito e en galego


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?