<$BlogRSDUrl$>

27.12.04

Libro de Visitas

Acabo de incluir un Libro de Visitas de Melodysoft por si tendes algunha suxestión ou comentario sobre a blog ou sobre o ensino en galego en xeral.



Comentarios

23.12.04

Conta de correo de Gmail

Por si a estas alturas alguén queda sen correo de GMail e o quere, pode mandarme o seu enderezo electrónico e remitireille unha invitación para conseguir unha conta de balde con capacidade de almacenamento de 1 Gb.


Comentarios

Carta aos Reis Magos

Os nenos xa poden escribir a súa carta aos Reis Magos dende Internet. O servicio de Correos ofrece esta posibilidade ate o día 30 de decembro. Asemade, o Carteiro Real contestará a tódalas cartas con remitente, ó que se lle enviará un pequeno obsequio (unha axenda cun lapiceiro). Se queres participar preme aquí.

Comentarios

18.12.04

lapisdecores de novo

Despois de dúas semanas sen actividade, os problemas co servidor xa están arranxados e lapisdecores (o almacén onde temos alonxados os máis de douscentos paquetes clic na nosa lingua) xa está de novo operativo. Agardemos que este relanzamento sexa unha boa excusa para actualizar a páxina coas novas incorporacións de traduccións e paquetes propios.

Comentarios

12.12.04

Firefox e Thunderbird

O Internet Explorer xa ten un substituto con moitas máis prestacións que a marca de Microsoft: o Firefox . Trátase dun mozilla lixeiro con moitísimas posibilidades de configuración ( estética, comportamentos, idiomas, etc). E sobre todo, podemos poñelo en galego baixando o arquivo gallegan desta web.


Pero os de Mozilla están que non paran e acaban de sacar tamén o Thunderbird (un xestor de correo, o subtituto polo tanto do Outlook).


Parece que o todopoderoso Microsoft perde peso a marchas forzadas e dende hai un tempo só vai a remoque de todo o mundo: capacidade dos correos electrónicos, editores de weblogs, prestacións dos navegadores,...

Comentarios

3.12.04

30 anos de sindicalimo nacionalista

A CIG-Ensino está a celebrar os seus 30 anos de sindicalismo nacionalista en Galicia. Neste tempo consolidouse como o sindicato maioritario na nosa federación por méritos propios e sen que nunca lle desen pulo dende a administración como a outros, senón todo o contrario. A seguir loitando!!!. Parabéns!!!.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?